Reservas e tarifas

Reserva

Dispoñemos dun total de seis habitacións repartidas en tres pisos.

3

Pisos

6

habitacións

"Camarotes"

Habitacións compartidas

A primeira e a segunda planta acollen catro habitacións compartidas, dúas cunha capacidade para dez persoas e dúas con capacidade para nove.

As habitacións dispoñen de liteiras, armarios con chave, conexión wifi gratuíta e baños compartidos (fóra da habitación) con lavabos, duchas e sanitarios.

10

persoas

10

persoas

9

persoas

9

persoas

Están deseñadas coa intención de recrear de forma adaptada camarotes de barco, por iso o mobiliario está construído con materiais nobres e madeira, e os detalles de decoración responden a unha ambientación mariñeira que busca ser atractiva á vez que funcional.

O prezo de cada liteira.

“Ponte” e “Máquinas”

Habitacións privadas

No terceiro piso atópanse as habitacións privadas “Ponte” e “Máquinas”.

Trátase de preciosos e amplos espazos luminosos no ático, cunha capacidade para un máximo de 4 persoas que dispoñen de dúas camas individuais, sofá cama, armario, escritorio, mesiñas de noite, televisión satélite de pantalla plana e baño privado.

O prezo por noite varía segundo as temporadas.