Instalacións


O albergue Arribada é o punto de chegada e partida perfecto

En pleno corazón da zona antiga de Muxía

A sinxeleza, a modernidade e a recreación dun ambiente mariñeiro non son conceptos excluíntes, e iso salta á vista nada máis pisar o amplo vestíbulo do noso albergue.

En pleno corazón da zona antiga de Muxía, o Albergue Arribada é o punto de chegada e partida perfecto para gozar da vila e dos encantos da zona, posto que se encontra ao lado de restaurantes, supermercados, bancos, comercios e negocios varios, e nun pequeno e agradable paseo, en menos de 5 minutos, alcánzanse o paseo marítimo e a praia, e en menos dun cuarto de hora chégase ao santuario da Virxe da Barca e ao espectacular mirador da Ferida.

Os tres pisos e o soto do edificio totalmente restaurado en 2015 que alberga as instalacións do Albergue Arribada dispoñen das máis modernas comodidades, integradas nunha ambientación mariñeira que trata de recrear os interiores dun barco, pero coa utilización de materiais nobres e multifuncionais que confiren ao conxunto unha aspecto amigable e dinámico.

Soto

Soto

No soto, un espazo multifuncións, ofrece distintas posibilidades de relax, que se complementan cun sorprendente jacuzzi de auga salgada para os pes. O espazo complétase cunha zona de lavandaría con tendedeiros e un espazo de almacenaxe.

Planta baixa: recepción e comedor

Planta baixa: recepción e comedor

A planta baixa acolle a recepción, a zona de ordenadores, máquinas de vending, baños e unha cociña-comedor da que os hóspedes poden dispoñer a pracer.

Primera e segunda planta: Camarotes

Primera e segunda planta: Camarotes

O primeiro e segundo piso acollen as habitacións compartidas (ou mellor, camarotes) , amplos espazos luminosos equipados con distintas comodidades que comprenden nove ou dez liteiras cos seus correspondentes armarios. Cada camarote dispón dun baño compartido amplo e funcional, dotado de lavabos, duchas e servizos individuais adaptados con barras (á dereita ou á ezquerda).

Terceira planta: "Máquinas e Ponte"

Terceira planta:

No terceiro piso atópanse as dúas habitacións privadas, Máquinas e Ponte, espléndidos espazos no ático que poden hospedar até catro persoas, ofrecendo dúas camas individuais, sofá cama dobre, armario, escritorio, mesiñas de noite, televisión de pantalla plana e baño privado.

Seguridade

As instalacións dispoñen de seguridade e videovixilancia, e permiten a entrada nocturna dos hóspedes mediante a inserción un código.