Accesibilidade

A nosa bandeira e a nosa razón de ser

O turismo inclusivo e accesible

Nacimos e construímonos coa firme intención de achegar o mar, o Camiño Xacobeo e os encantos da Costa da Morte a todas as persoas, de forma universal e coa garantía total de cumprir as esixencias e requirimentos específicos que todo tipo de colectivo poida ter.

Grazas ao asesoramento e a colaboración de asociacións como COGAMI ou INTEGRO, conseguimos adaptar as nosas instalacións e converternos no primeiro Albergue totalmente accesible da Costa da Morte. E seguimos traballando a diario para mellorar, aprender e integrar, co firme propósito de alcanzar a excelencia turística que nos permita ser un referente e ofrecer en todo momento o mellor servizo.

promovemos e fomentamos

Turismo accesible

Alén medidas específicas como o cumprimento da normativa, a incorporación de tecnoloxía (portas automáticas, sensores, guindastre...) e a calidade dos procesos, cremos que a accesibilidade é unha cuestión de mentalidade, e por iso promovemos e fomentamos iniciativas que permiten ver o turismo accesible como algo totalmente normal e desexable, que ten que conformarse como algo natural, permitindo a confluencia de colectivos e ese contacto humano que sempre é un plus en calquera tipo de produto turístico.