Albergue


Ola!

Falar de nós significa referirse a un conxunto de conceptos que se fusionaron en xullo de 2015, cuando abrimos as nosas portas e convertémosnos no primeiro albergue totalmente accesible da Costa da Morte.

De feito, as nosas instalacións son froito da firme vontade de querer ofrecer un produto turístico universal, dende a sinxeleza que implica aspirar a manternos fieis aos valores que definen Muxía e a súa hospitalidade. Así pois, traballamos a diario para que todo tipo de viaxeiro poida disfrutar dunha estanza cómoda nun ambiente que ofrece a seguridade dunhas instalacións modernas e un trato cercano.


Camiño de Santiago

Todo o que nos rodea é mar, e por iso desexamos somerxer o visitante nesa realidade que nos fai únicos e distintos. Unha realidade que se cruza co Camiño de Santiago, unha senda que atrae a diario peregrinos de todas as partes do mundo e converte a nosa pequena vila nun centro cosmopolita no que converxen culturas e historias.

Por esta razón, queremos fomentar o intercambio de experiencias e as vivencias compartidas no marco dunha estanza onde cada persoa pode escoller a opción que máis se adapte aos seus gustos e ao seu peto: dende compartir un innovador cuarto con liteiras que permite vivir plenamente a experiencia e a esencia do Camiño de Santiago, ata gozar dun estudio privado espazoso e luminoso. Opcións distintas que converxen na que é a nosa filosofía: ofertar unha experiencia turística adaptada a 360º, para que todos poidan gozar dos praceres ou os valores que se poden encontrar no Camiño ou nas mareas que bañan Muxía.