Muxía e o Camiño de Santiago selan unha unión mística e potente. As etapas que teñen o seu inicio e a súa fin na terra da Virxe da Barca non son quizais as máis coñecidas, pero si que son as que adoitan deixar máis impresionado ao peregrino, porque a paisaxe, a espiritualidade cristiá e pagá que envolve cada paso e o anhelo de chegar a un punto final mental e xeográfico marcan un profundo sentimento de agradecemento e conciencia na alma e o recordo dos que deciden ser partícipes deste tramo de Camiño.
Muxía forma parte do epílogo do Camiño, desa chegada ao confín da terra que ten que ver con ese final figurado que é Fisterra, pero tamén coa riqueza histórica e paisaxística que regalan os 150 quilómetros que transcorre nun triángulo que, quizais, mistifica aínda máis o misticismo dunha ruta que se move entre tradicións cristiás, celtas e románicas.
O muxián Manuel Vilar Álvarez recolle na súa obra O Camiño á fin da Terra as impresións e tese que rodean estas etapas e que, ao longo dos anos, se converteu nun atractivo e nun percorrido case obrigado para todos aqueles que buscan no Camiño unha experiencia vital que permita captar a beleza que ofrecen o conxunto de cultura, relixión y paisaje.